jueves, 9 de abril de 2009

Imagenes astonómicas: galaxias Sculptor




O Observatorio Europeo Austral (ESO) divulgou este martes dúas asombrosas fotografías de galaxias fóra do común, a fin de celebrar as "100 Horas de Astronomía" como parte do Ano Internacional da Astronomía 2009.

Segundo un comunicado proporcionado polo observatorio, as fotografías pertencen ó grupo de galaxias Sculptor, que foron obtidas en dous dos observatorios de ESO en Chile: La Silla e Paranal, no norte do país. O ambicioso evento denominado "Ao redor do Mundo en 80 Telescopios", foi unha transmisión única en vivo durante 24 horas que fixo un seguimento día e noite por algúns dos observatorios máis avanzados dentro e fóra do planeta.

A primeira delas, representa a galaxia irregular NGC 55, membro do prominente grupo de galaxias Sculptor da constelación meridional Sculptor. A galaxia posúe preto de 70.000 anos-luz de extensión, é dicir é un pouco máis pequena que a nosa Vía Láctea. Ao estudar ao redor de 20 nebulosas planetarias nesta fotografía, un equipo de astrónomos determinou que NGC 55 está situado a unha distancia de 7 millóns e medio anos-luz. A imaxe está esparexida cun refacho de nebulosas avermelladas, creadas por estrelas masivas mozas e quentes.

A segunda fotografía mostra outra galaxia pertencente ó grupo Sculptor. É NGC 7793, que ten "unha caótica estrutura espiral", distinta ás galaxias de gran deseño espiral ó que pertence a Vía Láctea e está situada levemente máis lonxe que NGC 55, a uns 12 millóns e medio anos-luz de distancia da Terra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario